Friday 26 de April de 2024

Actuación de outono en Laxe este fin de semana


Mañá sábado día 13 habrá unha actuación de outono con “Bon Apetit de Rubicundo no salón de actos culturais ás 19:00 horas.

Con Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos. Todos eles ingredientes para unha comedia total en clave de clown. Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega, “A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo.” Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o condimento perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso.